Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 10

O grupo

An Alfaya

Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías quen de desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador? Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes que viven en primeira persoa algunha destas situacións...

Muros de aire

An Alfaya

Cora e Fidel manteñen unha relación afectiva chea de espazos grises e comparten a dirección dun gabinete sociolóxico. Reciben un encargo dunha institución académica que ten como obxectivo elaborar un estudo arredor dunha mostra de persoas unidas por un nexo común: o suicido con tendencias criminais...

O fío vermello

An Alfaya

A Carlo e a Nicola, dous irmáns inseparables, gústalles pescudar no firmamento, sobre todo a choiva de estrelas da noite das Perseidas. Nicola, o maior, fíxose soldado, alistouse no exército profesional con tan mala fortuna que o deron por desaparecido nunha misión humanitaria na que participaba nun país en guerra...

O aroma do liquidámbar

An Alfaya

Miro non sabía que Susana estaba no cárcere, e Daniel devecía de pena porque Adelaida marchara a Guatemala para coidar da súa avoa enferma. Os dous estrañaban as súas nais; no entanto, uníronse na espera, compartindo segredos, animados pola harmónica de Humberto e a guitarra de Fermín, fartos do mal xenio de Manuela ou mortos de risa cos inventos de Vicente...

Vía secundaria

An Alfaya

Na vía secundaria que conduce ao polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva. Ese desafortunado incidente marcará un punto de inflexión nas vidas das persoas que participan no suceso até situalas nunha calella con poucas saídas...

Illa Soidade

An Alfaya

Lucía, a piques de iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando nunha viaxe en tren a súa relación con Soa, unha esmoleira a quen coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio...

O maquinista Antón

An Alfaya

O maquinista Antón é unha obra de teatro dun único acto. Na estación do tren hai un gran barullo, porque o maquinista Antón está agochado e non quere conducir ningunha máquina máis...

¡Sireno, Sireno !

An Alfaya

Partindo da imaxe da escultura de Francisco Leiro situada na Porta do Sol de Vigo a autora crea un mundo de fantasía. "¡Sireno, Sireno!" é o relato, en primeira persoa, dun neno que acaba de sufri-la perda do pai por mor dun accidente de tráfico e non pode comunicarse coa nai, unha vendedora de enciclopedias, porque ela non é quen de saír do seu illamento...

Autor/a da semana

A sombra descalza

An Alfaya

Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil...

A encontadora

An Alfaya

Crispín sempre foi un namorado da fotografía, quixo ser retratista de profesión. Crispín semella un vello furón, axexando a súa veciña, Eleanora, por enriba do balcón coa súa cámara fotográfica, poñendo en perigo a súa vida, esquecendo que xa non é ningún rapaz, senón un xubilado na costa dos setenta...